Beroila. Cuarteto de gaitas tradicional
Somos un cuarteto de gaitas, agrupación tradicional galega, de Vila de Cruces e Lalín, comarca do Deza (Pontevedra), con máis de dez anos de traxectoria como cuarteto e algúns máis noutras agrupacións. O noso obxectivo é a seriedade no cumprimento do noso traballo, a diferenciación mediante repertorio e a calidade de son. Traballamos con gaitas de Seivane en Do, feitas en granadillo e prata, e percusión de nogueira de Sanín. A agrupación está composta por dous gaiteiros (Xurxo Salgado Taboada e Pablo Mejuto Sousa), un tamborileiro (Juan Salgado Taboada) e unha bombeira (Ana Alvarellos Rozas).
martes, 7 de junio de 2011
martes, 24 de mayo de 2011
Actuación 17 de Maio en Rodeiro. Días das letras galegas.
Por primeira vez o Cuarteto Tradicional Beroila actúa nun concerto en colaboración coa Coral Polifónica de Rodeiro, dirixida por Jaime González Pichel. A estrea foi o 17 de Maio en Rodeiro, con motivo do Día das Letras Galegas. O conxunto de son é impresionante xunto coa Coral, acadando un dos momentos máis emotivos da actuación cando a emoción se vía no publico ó interpretar o Himno Galego cantado pola Coral.
A experiencia foi gratificante e abre un futuro con grandes posibilidades para o Cuarteto.
Momento da actuación con gaita electrónica, que ofrece un gran abanico de sons.
Ir á galería de imaxes.
Ir á galería de imaxes.
O Concello de Rodeiro obsequia ó Cuarteto Tradicional Beroila
O pasado Martes 17 de Maio o concello de Rodeiro obsequia cunha figura coa imaxe do concello ó Cuarteto Tradicional Beroila pola súa participación no festival das letras galegas, en colaboración coa Coral Polifónica de Rodeiro, e pola labor da Asociación Cultural Beroila na Escola de Gaita e Percusión de Rodeiro.
Momento da entrega polo alcalde Xosé Vence.
Dende aquí agradecemos ese xesto ó concello de Rodeiro e a todos os seus veciños. Grazas.
viernes, 14 de enero de 2011
martes, 7 de septiembre de 2010
Actuamos en Lalín.
Actuamos na praza da igrexa nun acto de difusión da sustentabilidade diseñado ó amparo do proceso de implantación da Axenda 21.
Aquí tedes un enlace á noticia publicada por La voz de Galicia.
Aquí tedes un enlace á noticia publicada por La voz de Galicia.
Xa actuamos en: Luarca, Asturias
Festa do San Timoteo. Case nos chove. Gracias a todos os asturianos que nos invitaron a sidra. Xa están publicadas as fotos na sección "Galería de fotos".
martes, 27 de julio de 2010
jueves, 15 de julio de 2010
Próximas actuacións: Bodega Lagar de Pintos, Ribadumia
Unhas das próximas actuacións que teremos será na bodega Lagar de Pintos. Viva o Albariño!!!
Aproveitamos para felicitar os noivos dende aquí.
Gracias Litucha e gracias Chiqui outra vez.
Xa actuamos en: Hostal Os Reis Católicos
Ésta é unha da nosa actuación nunha voda no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela. Un bo sitio para actuar sobre todo tendo en conta que é ano Xacobeo.
Gracias Chiqui.
Gracias Chiqui.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)