Somos un cuarteto de gaitas, agrupación tradicional galega, de Vila de Cruces e Lalín, comarca do Deza (Pontevedra), con máis de dez anos de traxectoria como cuarteto e algúns máis noutras agrupacións. O noso obxectivo é a seriedade no cumprimento do noso traballo, a diferenciación mediante repertorio e a calidade de son. Traballamos con gaitas de Seivane en Do, feitas en granadillo e prata, e percusión de nogueira de Sanín. A agrupación está composta por dous gaiteiros (Xurxo Salgado Taboada e Pablo Mejuto Sousa), un tamborileiro (Juan Salgado Taboada) e unha bombeira (Ana Alvarellos Rozas).

martes, 24 de mayo de 2011

Actuación 17 de Maio en Rodeiro. Días das letras galegas.

Por primeira vez o Cuarteto Tradicional Beroila actúa nun concerto en colaboración coa Coral Polifónica de Rodeiro, dirixida por Jaime González Pichel. A estrea foi o 17 de Maio en Rodeiro, con motivo do Día das Letras Galegas. O conxunto de son é impresionante xunto coa Coral, acadando un dos momentos máis emotivos da actuación cando a emoción se vía no publico ó interpretar o Himno Galego cantado pola Coral.
A experiencia foi gratificante e abre un futuro con grandes posibilidades para o Cuarteto.


Momento da actuación con gaita electrónica, que ofrece un gran abanico de sons.


Ir á galería de imaxes.

O Concello de Rodeiro obsequia ó Cuarteto Tradicional Beroila

O pasado Martes 17 de Maio o concello de Rodeiro obsequia cunha figura coa imaxe do concello ó Cuarteto Tradicional Beroila pola súa participación no festival das letras galegas, en colaboración coa Coral Polifónica de Rodeiro, e pola labor da Asociación Cultural Beroila na Escola de Gaita e Percusión de Rodeiro.














Momento da entrega polo alcalde Xosé Vence.
Dende aquí agradecemos ese xesto ó concello de Rodeiro e a todos os seus veciños. Grazas.

MÚSICA EN GALICIA | MeGA | culturagalega.org

CERTAMES |culturagalega.org

| AXENDA | culturagalega.org